Institucionais

05/05/2025

O mandatario galego desexou a mellor das sortes ao equipo vigués que xogará na fin de semana do 24 e o 25 de maio polo título nacional en Xixón

30/04/2025

O secretario xeral para o Deporte e o delegado da Xunta na provincia, recibiron esta mañá ao equipo que se proclamou campión do Grupo I da Terceira RFEF cando aínda restaban tres xornadas para o remate da liga

25/04/2025

O Plan está dirixido a persoas inactivas, primordialmente maiores de 60 anos, sen unha patoloxía que supoña unha contraindicación absoluta para a práctica de exercicio e nos que a realización de actividade física represente un salto cualitativo na súa calidade de vida

01/04/2025

Das 450 axudas da segunda fase, a federación máis representada foi a de piragüismo con preto do 20% das axudas. Ademais, 200 foron para mulleres (44%) e 250 para homes (56%)

28/03/2025

O secretario xeral para o Deporte destacou o músculo do automobilismo galego que, neste ano 2025, conta con dez probas no calendario nacional

28/03/2025

O presuposto da licitación será de máis de medio millón de euros, suporá a contratación de 43 persoas e xa está publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia

28/03/2025

Cifra en preto de 1.500 as licenzas de deportistas con discapacidade, das que unhas 500 corresponden á Federación de Deporte Adaptado, destacando a súa inclusión

20/03/2025

O secretario xeral agradeceu o traballo da Fundación Enki que, en 2023, foi recoñecida co Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa

21/03/2025

Na recepción o secretario xeral entregou ao montañista galego unha bandeira de Galicia que levará polos pobos inuit da expedición, un dos tramos da ruta que fixo Amundsen a principios do século XX para unir os océanos Atlántico e Pacífico a través do Ártico

20/03/2025

As distincións concédense en recoñecemento do labor ou traxectoria no ámbito deportivo de Galicia, así como pola contribución ao fomento do deporte na comunidade