Institucionais

26/12/2019

O secretario xeral para o Deporte cifra o apoio prestado pola Xunta ao deporte feminino neste 2019 en 550.000 euros dirixidos especificamente a accións de igualdade a través das federacións, 145.000 euros (o 40% do total das axudas) ás nosas deportistas galegas de alto nivel ou máis de 1,5 millóns de euros aos equipos femininos e mixtos de alta competición galegos (o 48% do total dos equipos patrocinados)

21/12/2019

Cómpre destacar que no pasado exercicio 2019 as federacións deportivas galegas víronse beneficiadas cun total de 5,6 millóns de euros -sumados os importes das axudas dirixidas a actividade federativa (convenios, Igualdade, Xacobeo, patrocinio de eventos federativos e equipamento)- o que representa un incremento de preto do 50% con respecto ao ano 2018 (3,7 millóns)

22/12/2019

O secretario xeral para o Deporte destaca o “orgullo que sinte Galicia ao ver como as mulleres sosteñen os remos do noso deporte”

20/12/2019

Asegura que estas obras veñen a cumprir “unha das obrigas da Secretaría Xeral para o Deporte que é que os deportistas galegos e galegas poidan realizar deporte nas mellores condicións”

20/12/2019

A Secretaría Xeral para o Deporte reserva nos seus orzamentos unha partida específica para o inicio inmediato da obra do complexo polo que agarda que o Concello de Vigo asine o convenio e expida a licencia municipal canto antes

18/12/2019

Na xuntanza celebrada no CGTD presentouse tamén unha embarcación que a Federación Galega acadou grazas á primeira convocatoria das subvencións a entidades deportivas para a adquisición de equipamentos e que medrou neste 2019 un 500%

16/12/2019

A provincia da Coruña vese beneficiada neste 2019 por obras que alcanzarán os 626.000 euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros

15/12/2019

Neste ano 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte financiou as obras e arranxos nos vestiarios do colexio Seis do Nadal, xa rematadas, cun orzamento total de preto de 30.000 euros (27.200,13 euros)

 

14/12/2019

O conselleiro de Cultura e Turismo participou na presentación das tres etapas galegas desta competición profesional que percorre a xeografía española

11/12/2019

Adi Iglesias vén de colleitar dous subcampionatos mundiais (100 e 200 metros lisos) no Campionato do Mundo de Paraatletismo celebrado en Dubai