Convocatorias
31/07/2019

Anuncio de información pública do anteproxecto de construción e explotación para o contrato de “Concesión de servizos de xestión integral dos complexos deportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra (A Coruña)

De conformidade co artigo 248 e 285 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, foi elaborado un anteproxecto de construción e explotación das obras para o contrato de “ concesión de servizos da xestión integral dos complexos deportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra (A Coruña )”.

O que fai público para o coñecemento xeral, como trámite de información pública, para que calquera persoa, física ou xurídica, poida presentar alegacións no prazo de 30 días a partir da data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.