Convocatorias
01/07/2021
AXUDAS RETO GALICIA-TOKYO CON IGUALDADE 2021
No ámbito do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, a Xunta dispón dun importe total de 300.000 euros para deseñar e transmitir contidos relacionados coa loita pola tolerancia, igualdade e non violencia no deporte e na vida, entendendo esta actuación como un medio fundamental para a educación da sociedade sen discriminación e que incumbe a todas as persoas. Os beneficiarios son os deportistas galegos e galegas convocados oficialmente para participar nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio 2020.
Documentos






