BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL 'AXUDAS DGAN 2019'
A Fundación Deporte Galego é unha fundación do sector público coa condición de medio propio e instrumental da Secretaría Xeral para o Deporte, asumindo como finalidade fundacional a promoción do deporte en Galicia e, de conformidade cos seus estatutos ten encomendada, entre outras funcións, o fomento do deporte de alta competición na comunidade galega.
Nesta edición 2019, do mesmo xeito que nas últimas dúas edicións, mantemos o modelo dunha única convocatoria coa que se pretende axudar á preparación e participación dos/as deportistas DGAN en competicións de modalidades/especialidades olímpicas e non olímpicas de ámbitos estatal, europeo e/ou mundial.
Tendo en conta que o presente ano 2019 é o previo aos Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Tokyo 2020, a Fundación Deporte Galego pon en marcha un plan de axudas aos deportistas galegos/as que están a competir no máis alto nivel deportivo de ámbito estatal, europeo e mundial, entre os que se atopan aqueles/as con opcións de acudir aos devanditos XXOO/XXPP.
Tamén está orientada ao resto de deportistas galegos/as de alto nivel (DGAN) que, pese a non competir en probas olímpicas, sí participan en competicións estatais e internacionais de alto nivel, tal e como ven concedendo a Fundación no seu obxecto de promoción do deporte de alto nivel da Comunidade Autónoma. Pensando en mellorar a axilidade do procedemento e en simplificar os trámites á persoa deportista solicitante, nesta edición presentamos dúas novidades substanciais: por unha banda a persoa deportista solicitante poderá presentar a súa solicitude telemáticamente, como xa se innovou nas últimas convocatorias, pero tamén se o desexa, poderá seguir facéndoo de forma presencial en calquera rexistro oficial das administracións públicas, previsto aos efectos. Por outra banda, non será necesario que presente o Anexo 2-Certificado da Federación, como sí era obrigatorio en anteriores edicións da convocatoria, pois ese documento será solicitado pola Fundación Deporte Galego a cada unha das federacións deportivas galegas, unha vez rematado o prazo de solicitude e recompiladas todas as solicitudes que foran presentadas correctamente a nivel administrativo
