Convocatorias
16/10/2018

Convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2018)

ANUNCIO da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2018)

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que o seu obxecto social inclúe o fomento do deporte de alta competición, convoca as axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2018).

As/os deportistas solicitantes interesadas/os presentarán a solicitude (anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, planta 2ª, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña). Ademais de no rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar por correo, de acordo co disposto no artigo 16.4.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presentación das solicitudes en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365, e habilitarase unha ligazón na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, no enderezo sinalado anteriormente ou na web https://deporte.xunta.gal/, teléfono 881 99 63 73.

AXUDAS DGAN 2018

- Anexos galego
- Anexos castelán

- Bases convocatoria

- Resolución DOG