DE400C - PLAN PATROCINIO EQUIPOS ALTA COMPETICIÓN FEMININOS GALICIA 2022
Hoxe venres 9 de decembro de 2022 publícase a resolución definitiva do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos 2022 (DE400C)
O 7 de xuño de 2022 asinouse o acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. En dito acordo acordáronse o desenvolvemento de campañas específicas contra a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes en espazos deportivos, que deben ser desenvolvido pola Fundación Deporte Galego. A estes efectos, na loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes, e tendo en conta tamén o impacto destes clubs nos medios de comunicación, nos espazos deportivos, nas redes sociais, e, en particular, respecto das nenas e nenos, adolescentes e mocidade, que son destinatarios principais das medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, a Fundación Deporte Galego co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pon en marcha a terceira edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1ª e 2º máximo nivel Estatal de Galicia 2022.




