Convocatorias
30/05/2023

DE401C – Subvencións a CONCELLOS para obras e material deportivo – Solicitudes suxeitas a emenda, solicitudes inadmitidas e admitidas

Prazo: 
desde 31/05/2023 ata 13/06/2023

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2023, da Subdirección Xeral de Xestión Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se convoca para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C).