Convocatorias
02/02/2024

DE402D – BONO DEPORTE: novo prazo para a adhesión de establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos

Prazo: 
desde 03/02/2024 ata 19/02/2024

ORDE do 30 de xaneiro de 2024 pola que se abre un novo prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos ao Bono deporte, e se modifica o anexo I da Orde do 5 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos (código de procedemento DE402D).