Convocatorias
24/09/2020

Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º Máximo Nivel Estatal de Galicia 2020

O 7 de xullo de 2020 asinouse o acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Deporte Galego, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. En dito acordo a Fundación Deporte Galego e a Secretaría Xeral da Igualdade acordaron o desenvolvemento de campañas específicas contra a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes en espazos deportivos, que deben ser desenvoltas pola Fundación Deporte Galego. A estes efectos, na loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes, e tendo en conta tamén o impacto destes clubs nos medios de comunicación, nos espazos deportivos, e nas redes sociais, e, en particular, respecto das nenas e nenos, adolescentes e mocidade, que son destinatarios principais das medidas do Pacto de estado contra a violencia de xénero, a Fundación Deporte Galego co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha o Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º Máximo nivel Estatal de Galicia 2020.