Convocatorias
16/06/2020

PR949A – Subvencións EQUIPAMENTO – Solicitudes suxeitas a emenda, solicitudes inadmitidas e admitidas

Prazo: 
desde 16/06/2020 ata 30/06/2020

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes con motivo de inadmisión e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 3 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PR949A).