Convocatoria Curso de Técnico Nivel 1 de Tenis
A Federación Galega de Tenis abre o prazo de inscrición para o Curso de técnico nivel 1 de Tenis con validez académica.
Ábrese o prazo para inscribirse no Curso de Técnico de Nivel 1 (promoción 9)
Información relevante:
- A data límite para realizar a inscrición é o 27/11/2019.
- A sede de decidirá en función das inscricións recibidas.
O curso consta de 3 Bloques:
- Bloque Común. (Independente).
- Bloque Específico (Federación Galega de Tenis).
- Bloque de Prácticas. (Federación Galega de Tenis).
Para acceder ao curso é necesario superar unha proba de capacitación en base á seguinte regulamentación:
O curso oficial, autorizado pola xunta de Galicia e polo Consello Superior de Deportes.
O custo total do bloque específico é de 650€. O ingreso realizarase no seguinte número de conta:
- ES83 2080 5527 05 3040000936. Concepto: Nomee Apelidos TN1.
Prazas limitadas, establecendo os seguintes criterios de acceso:
- Superar a proba de capacitación
- Orde de inscrición
A Federación Galega de Tenis encárgase de organizar o Bloque Específico e o Bloque de Prácticas.
O bloque común é independente, isto quere dicir que os alumnos deberán presentalo para a obtención do título (non está incluído na convocatoria). Existe unha academia en Ourense (SAFE) que organiza os bloques comúns, pero o alumno poderá elixir a que prefira, por último aqueles que xa posúan o bloque común de nivel 1 non terán que volver realizalo, xa que é válido para todas as disciplinas deportivas.
Na seguinte ligazón pódese acceder á convocatoria:
Convocatoria curso nivel 1 de tenis. Promoción 9