Nova
19/09/2022
Federativas

Andrés Pereiro campión e Aranai Martínez finalista do Rafa Nadal Tour de Bilbao

Andrés Pereiro López proclamouse campión infantil da última proba desta tempada do Rafa Nadal Tour celebrado no Real Club Jolaseta (Bilbao). Non foi o único galego en subir ao podio, xa que Aranai Martínez Quintana conseguiu ser finalista na proba cadete.

Andrés Pereiro López (Club Tenis As Termas) partíu de cabeza de serie número 2 daproba infantil e tivo un bye na primeira rolda. Eliminou a Jorge López Martín, cun claro resultado de 6-1 6-2, a Darío Carballal Figaredo por 6-2 6-3, a Fermín Barcala López nos cuartos por 6-2 6-3, a Roberto Pérez Socas remontando un duro encontro de semifinais 2-6 7-5 7-6 (3) e para rematar na final venceu ao cabeza de serie número 1, Maxi Carrascosa Díaz, cun gran resultado de 7-5 6-2. ¡Parabéns Andrés!

Aranai Martínez Quintana (Independiente) gañou 7-5 3-6 6-0 na segunda rolda a Sofía López-Linares Pérez, nos cuartos a Dasha Valdés Marquina por 6-3 6-1 e en semis venceu a Sandra Fernández Acebes con un gran resultado de 6-2 6-1. Cedeu a final contra o Charo Esquiva Bañuls 6-2 7-6(0). ¡Parabéns por este gran resultado!

Ademais de Andrés e Aranai, participaron neste torneo os/as seguintes xogadores/as galegos/as:

En categoría infantil:

  • Jorge Álvarez Mosteiro (Real Club Tenis Coruña): eliminou na primeira rolda a Miguel Perez Toribio (6-7(3) 6-1 7-5). Na segunda non logrou impoñerse a Manuel Paez Muñoz.
  • Pedro Antón Rubial (Real Club Tenis Coruña) caeu ante Adrián Herrera Miguel por 6-2 e 6-2.
  • Noa Rodríguez Sindin (Centro Deportivo D10) non logrou vencer a Margarita Zerva na segunda rolda.

En categoría alevín:

  • Alex Febreiro Guzman (Club de Tenis As Termas) perdeu na primeira rolda ante Leopoldo Sánchez Murga.