Nova
14/05/2020
Institucionais

Circular informativa pola que se recollen as normas que regulan a adopción de acordos sobre as competicións deportivas oficiais das Federacións Deportivas de Galicia afectadas pola situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo COVID-19

Como sucede nos contextos nacional e internacional, a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo CODIV-19 requiriu da Administración autonómica a adopción de medidas dirixidas á contención da pandemia, á protección da saúde e seguridade dos cidadáns, e a mitigar o impacto sanitario, social e económico derivado da crise sanitaria. Estas actuacións comprenden distintas medidas dirixidas ao conxunto dos sectores afectados, tamén o sector deportivo.