Nova
05/12/2016
Federativas

CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL (2ª FASE). LISTAXE DE SOLICITUDES ADMITIDAS, CON DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA, PRESENTADAS FÓRA DE PRAZO E QUE NON CUMPREN CO APARTADO 3. DAS BASES

O prazo de subsanación de erros ou deficiencias remata o vindeiro mércores 21 de decembro ás 14:00 horas. A documentación a subsanar deberá presentarse no rexistro da Fundación Deporte Galego

LISTAXE DE SOLICITUDES ADMITIDAS, CON DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA, PRESENTADAS FÓRA DE PRAZO E QUE NON CUMPREN CO APARTADO 3. DAS BASES.
O prazo para subsanar erros ou deficiencias remata o MÉRCORES 21 DE DECEMBRO. A documentación requirida deberá presentaranse no Rexistro da Fundación Deporte Galego: Rúa Madrid 2-4, 2º ANDAR (15781 Santiago de Compostela).
Non se admitirá documentación que chegue á Fundación con posterioridade ao mércores 21 de decembro, aínda que sexa presentada antes desta data en calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, dado que a Fundación non é unha Administración Pública Galega e polo tanto non se lle aplica este artigo da norma.
Se os/as deportistas que deben subsanar erros ou deficiencias non o fixeran no prazo establecido, teráselles por desistido da súa petición, logo dunha resolución expresa por parte da Fundación na que así se declare o desestimento.