Jessica Bouzas e España despídense nas semifinais da BJK Cup contra Chequia
A galega Jessica Bouzas foi unha das protagonistas da participación da Selección Española de Tenis Iberdrola nas Finais da Billie Jean King Cup 2026, celebradas en Shenzhen (China), onde o equipo español chegou ás semifinais, 18 anos despois da súa última participación nesta rolda.
España non foi quen de superar á Chequia na eliminatoria de semifinais, caendo por 2-0. Jessica Bouzas abriu a serie contra Karolina Muchova, a número 8 do mundo, perdendo por 7-5 e 6-4.
A pontevedresa, número 93 do ranking mundial, protagonizou un partido moi competido contra unha xogadora con ampla experiencia internacional e dobre finalista de Grand Slam, en Wimbledon 2026 e Roland Garros 2023. Bouzas mantívose preto en ambos os sets e tivo oportunidades para tentar cambiar o rumbo do encontro.
No segundo partido individual, Cristina Bucsa non foi quen de igualar a eliminatoria contra Linda Noskova, número 6 do mundo e actual campioa de Wimbledon, que gañou por 7-6(5) e 6-2.
Cuartos de final: España 2-1 Kazakhstan
- Jessica Bouzas (ESP) vs Sonja Zhiyenbayeva (KAZ) — 6-2, 6-2
- Yulia Putintseva (KAZ) a Cristina Bucsa (ESP) — 6-2, 3-6, 6-1
- Cristina Bucsa/Sara Sorribes (ESP) a Anna Danilina/Zhibek Kulambayeva (KAZ) — 6-2, 7-5
Semifinal – Chequia 2-0 España
- Karolina Muchova (CZE) a Jessica Bouzas (ESP) — 7-5, 6-4
- Linda Noskova (CZE) a Cristina Bucsa (ESP) — 7-6(5), 6-2
- Cristina Bucsa/Sara Sorribes (ESP) vs. Marie Bouzkova/Katerina Siniakova (CZE) — non disputado