Nova
21/11/2020
Institucionais

Lete Lasa acompaña ao Guardés no seu partido dedicado á loita pola igualdade e insiste que o deporte galego traballa todos os días do ano contra a violencia de xénero

A Guarda (Pontevedra), 21 de novembro de 2020.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañou ao Atlético Guardés no seu partido dedicado á loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero no deporte e na vida. O equipo pontevedrés xogou o seu partido da quinta xornada da máxima división nacional de balonmán contra o Aula Valladolid que aproveitou para cumprir un dos requisitos do primeiro Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de 1º máximo nivel estatal de Galicia 2020 dotado con 150.000 euros e no que está o Guardés coma un dos nove beneficiarios. O secretario xeral para o Deporte apuntou que, máis alá das efemérides, "o deporte galego loita todos os días do ano contra a lacra da violencia de xénero".