Nova
26/11/2018
Institucionais

OFERTA DE EMPREGO PARA TODAS AS PERSOAS INTERESADAS

Anunciase a oferta de emprego para a cobertura do seguinte posto que depende da Secretaría Xeral para o Deporte - Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra:

Titulado/a superior médico/a (especialidade medicina deportiva). Grupo I, categoría 25 do V Convenio colectivo persoal laboral Xunta de Galicia

26-11-18

Resolución do 26 de novembro de 2018 do tribunal cualificador para a contratación con carácter temporal dun/dunha titulado/a superior médico/a (especialista medicina deportiva) para a secretaría xeral para o deporte - Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra), pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos, as puntuacións definitivas e a proposta de provisión do posto.

 

19-11-18

Resolución do 19 de novembro de 2018 do tribunal cualificador para a contratación con carácter temporal dun/dunha titulado/a superior médico/a (especialista medicina deportiva) para a secretaría xeral para o deporte - Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra), pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos e as puntuacións provisionais dos méritos alegados polos aspirantes.

 

9-11-18

De acordo co disposto no vixente convenio colectivo e por non existir a lista de contratación da seguinte categoría, anúnciase a oferta de emprego para a cobertura do seguinte posto, que depende da Secretaría Xeral para o Deporte — Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra:
• 1 Titulado/a superior médico/a (especialidade medicina deportiva). Grupo 1, categoría 25 do V Convenio colectivo persoal laboral Xunta de Galicia
Poden participar no correspondente proceso selectivo todas as persoas interesadas que reúnan os requisitos de titulación e demais esixidos na convocatoria:
CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO
- Contrato a formalizar.- Remuda por un 75 % da xornada para cubrir a xubilación parcial do ocupante do posto.
- Desenvolvemento.- En xornada completa, unha vez que o xubilado parcial remate a súa acumulación anual da xornada do 25 % anual.
- Duración aproximada.- será dende a data da sinatura do contrato ata a data de xubilación do ocupante, novembro de 2022.
- Retribucións brutas mensuais aproximadas.- de 1 .515 € (75% do salario bruto mensual dun Laboral do Grupo 1 da Xunta de Galicia).

Pódese consultar toda a información nos seguintes documentos: