Premios Deporte Galego 2019-2022
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2023.- Anualmente, a Administración autonómica outorgaba os Premios Deporte Galego, sendo que no exercicio 2019, a través da Resolución do 24 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocaron por última vez os Premios do Deporte Galego do ano 2018. Posteriormente, a situación ocasionada pola COVID-19, que afectou ao desenvolvemento das competicións deportivas, así como ás posibilidades de celebración de actos con asistencia dun número elevado de persoas, impediu levar a cabo a convocatoria anual dos Premios Deporte Galego.
No día de hoxe, no Concello de Ribeira, entregaránse os premios das 18 categorías a 22 persoas e entidades con respecto aos anos pasados en que non foi posible para recoñecer publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia.
Neste dossier incorpóranse os galardoados así como os méritos que os fixeron acredores destes premios.
