Nova
28/09/2026
Federativas

Rafael Izquierdo, finalista en dobres no M25 de Setúbal

O tenis galego estivo presente no M25 de Setúbal, celebrado en Portugal do 21 ao 27 de setembro, coa participación de Rafael Izquierdo Luque e Tomás Currás Abasolo.

Rafael Izquierdo foi un dos protagonistas do torneo no cadro de dobres, chegando á final xunto ao español Alberto Barroso Campos. Nas semifinais, a parella derrotou ao equipo formado polo tamen galego Tomás Currás Abasolo e Mario González Fernández.

A final non se puido xogar debido a unha lesión do compañeiro de Rafael Izquierdo. Finalmente, Finn Murgett (GBR) e Tyler Stice (USA) foron proclamados campións de dobres.

No cadro individual, Rafael Izquierdo caeu na primeira rolda do cadro principal contra o portugués João Domingues, por 6-4, 3-6 e 6-1.

Pola súa banda, Tomás Currás Abasolo avanzou á segunda rolda, onde perdeu contra Philip Henning (RSA), o segundo cabeza de serie do torneo, por 6-4 e 6-4.

O título individual foi para o holandés Alec Deckers, que se coroou campión do M25 en Setúbal.