Nova
25/01/2017
Federativas

A secretaria xeral para o Deporte subliña a “importancia da actividade física na educación dos máis cativos” no cross escolar Xogade de Zamáns no que participaron 800 nenos

Os rapaces que participaron nesta carreira que tivo lugar nas inmediacións do campo de fútbol de O Castro representaron a distintos centros escolares da provincia como o os CEIP Porto Cabeiro, Monterrey, Eduardo Pondal, Igrexa, Doblada, Chans Bembrive, Quiroga ou os colexios San Salvador, Carmelitas, Mercantil, Montecastelo, Acacias e San Fermín

Vigo, 25 de xaneiro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, asistiu na mañá de hoxe a carreira de cross de centros escolares que tivo lugar na parroquia olívica de Zamáns. Alí, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico destacou a “importancia do deporte na educación dos máis cativos porque xera modelos de vida saudable que lles acompañarán ao longo da súa vida”.
Esta iniciativa está patrocinada polo programa Xogade que a Secretaría Xeral para o Deporte leva a cabo xunto as Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas e que recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar promovida dende a Xunta de Galicia.
Os rapaces que participaron nesta carreira que tivo lugar nas inmediacións do campo de fútbol de O Castro representaron a distintos centros escolares da provincia como o os CEIP Porto Cabeiro, Monterrey, Eduardo Pondal, Igrexa, Doblada, Chans Bembrive, Quiroga ou os colexios San Salvador, Carmelitas, Mercantil, Montecastelo, Acacias e San Fermín. En total participaron 770 nenos e nenas.
Este é o segundo cross infantil ao que acode á secretaria xeral tras a súa participación no cross zonal Xogade de Pontevedra do pasado 23 de decembro no que participaron distintos clubs da provincia e 300 nenos e nenas.