Nova
16/09/2021
Institucionais

A Xunta continúa coa súa aposta polo atletismo e compromete a súa participación nun módulo exterior en Negreira.

Tras os anuncios da remodelación do complexo deportivo da Fieteira (Ribeira) e da primeira pista homologada da comarca da Mariña que se levará a cabo no complexo deportivo da Veiga.

Negreira (A Coruña), 16 de setembro de 2021-. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe o concello coruñés de Negreira para coñecer as posibilidades de acometer un módulo exterior de atletismo. No curso da visita, o secretario xeral comprometeu a participación do seu departamento nunha futura instalación en colaboración co goberno municipal e o da Deputación de A Coruña.

Con esta nova aposta, a Secretaría Xeral para o Deporte continúa coa súa liña de apoio a infraestruturas de atletismo de calidade, como a pista de atletismo cuberta de Ourense, cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros, as obras de ampliación do Complexo Deportivo da Fieteira (Riberia) cuxa licitación xa está publicada, ou coa primeira pista de atletismo homologada da comarca da Mariña, que se levará a cabo no complexo deportivo da Veiga.