O vigués Martín De la Puente segue demostrando o seu alto nivel no Circuíto Internacional de Tenis. A semana pasada conseguiu gañar dous títulos, o de campión de dobres e o de subcampión individual, no British Open Wheelchair Tennis Championships.
Rematou o Campionato de España MAPFRE de Tenis Infantil «Memorial Manuel Alonso» no Complexo Deportivo Municipal Las Norias de Logroño. Publicamos os resultados dos/as xogadores/as galegos/as, destacando os de Emma Baliña e Andrés Pereiro que conseguiron chegar aos cuartos de final.
Rematou o Campionato de España MAPFRE de Tenis Júnior por Equipos 2022 no Real Zaragoza Club de Tenis. Publicamos os resultados dos equipos galegos que participaron destacando que o equipo masculino de Ureca foi campión de consolación.
Jessica Bouzas suma un novo título ao seu palmarés, conseguiu ser campioa de dobres xunto a valenciana Leyre Romero no XXX Torneo Internacional de Getxo.
Martín continúa coa súa boa racha de resultados, a semana pasada conseguiu ser subcampión de dobres e logrou chegar ás semifinais na modalidade individual do Torneo Internacional German Open de Berlín 2022.
O tenista galego Martín De la Puente está imparable. Conseguiu gañar os títulos de campión individual e dobres do I Catalonia Open by Fundación Emilio Sanchez Vicario & Fundació Tennis Catalá en Barcelona.
Jessica Bouzas conseguiu dúas medallas na XIX edición dos Xogos do Mediterráneo que se disputaron nas pistas do Club de Tenis Habib Khelil, na cidade alxerina de Orán.
A pontevedresa Jessica Bouzas e a barcelonesa Guiomar Maristany lograron o ouro na categoría de dobres de tenis feminino na 19ª edición dos Xogos do Mediterráneo que se disputan esta semana nas pistas do Club de Tennis Habib Khelil, na cidade alxerina de Orán.