Institucionais

Lete Lasa na presentación do equipo Recalvi
26/02/2019

Lembra que a Xunta de Galicia apoia ao automobilismo galego con 143.742 euros outorgados a tenor do convenio coa federación de 2018, “unha cifra que non deixou de medrar desde 2015 e intentaremos mellorar neste 2019”

Proxecto de reforma do campo de Mirallos
26/02/2019

A conselleira Ángeles Vázquez, acompañada polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta tarde as instalacións deportivas municipais nas que se levarán a cabo as obras grazas á colaboración entre ambos departamentos e o propio Concello

Presentación da plataforma Xesten
26/02/2019

Esta ferramenta ponse hoxe en marcha co módulo dedicado a academias de lecer despois de estar en período de probas

Lete Lasa na rececpción ás campioas de Europa
21/02/2019

Esta homenaxe rendeuse ás tres xogadoras galegas da selección que son Vanesa Sotelo (Ourense) -mellor xogadora do campionato-, Silvia Aguete (Pontevedra), Lucia Gómez (A Coruña), así como Patricia González, que a pesar de ser de Madrid xoga no Pescados Rubén Burela FS. O adestrador de porteiras compostelán, Ramón Barreiro, e o preparador físico pontevedrés, Adrián Paz, tamén foron recoñecidos

Visita á pista cuberta de Ourense
21/02/2019

José Ramón Lete Lasa, destacou a compatibilidade de usos como a principal característica desta infraestrutura que posibilita que a pista, desde a súa inauguración acollera “importantes campionatos autonómicos e nacionais así como outras actividades expositivas e feirais de primeiro nivel”

Reunión de hoxe co PROAD
14/02/2019

A Escola Galega de Administración Pública acolleu a xuntanza na que participaron os responsables do Programa de Atención al Deportista de Alto Nivel (PROAD), membros do equipo directivo da Secretaría Xeral para o Deporte, da Fundación Deporte Galego e o persoal da Fundación ONCE que desenvolve a plataforma ‘Eu son DGAN’

José Ramón Lete Lasa na presentación do campionato galego
13/02/2019

Os 400 nenos e nenas que competirán o sábado no Complexo Deportivo de Monterrei chegan a esta cita tras clasificarse entre 32.000 rapaces nos sesenta eventos de fases previas, comarcais e provinciais

Lete Lasa na Gala do Piragüismo Galego
10/02/2019

Recorda que a Federación Galega de Piragüismo é unha das federacións con maior número de licenzas (4.253) e a que máis cartos recibe ata chegar aos 371.824 euros en 2018 recibindo 3,55 millóns de euros desde 2009