Institucionais

Lete Lasa na presentación do ITU Multisport
29/03/2019

Lembra que do 27 de abril ao 4 de maio celebraranse en Pontevedra cinco campionatos mundiais: dúatlon, aquabike, acuatlon, tríatlon cross e tríatlon longa distancia

José Ramón Lete Lasa no Parlamento de Galicia
28/03/2019

Sitúa á igualdade como “un dos retos máis esenciais aos que enfrontamos” e destaca que o 25% de licenzas federativas son femininas, un número que “tentaremos incrementar a través de acordos como o asinado coa Secretaría Xeral da Igualdade cun importe de 1,5 millóns de euros”

 

22/03/2019

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, asinaron unha colaboración no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Lete Lasa no AC Pazo do Carme
21/03/2019

“A tecnoloxía avanza a un ritmo tan frenético que de non subirnos ao seu tren podemos quedar desbancados para sempre da evolución” asegura na clausura das xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’ organizadas por R e Cinfo en colaboración coa Xunta

Lete Lasa nas xornadas de Agaxede
20/03/2019

José Ramón Lete Lasa inaugura as III Xornadas de Xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios de AGAXEDE e salienta os obxectivos da “análise do Plan Estratéxico como ferramenta para mellorar a xestión dos servizos deportivos locais” e o “coñecemento de cal debe ser o contido fundamental dun programa electoral en materia deportiva municipal”

 

Reunión baile deportivo
20/03/2019

O baile deportivo e de competición está recoñecido en Galicia como modalidade deportiva a través da Resolución do 15 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral para o Deporte, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Gala da Vela galega
15/03/2019

Destaca as catro medallas olímpicas de vela coas que conta Galicia, os dez deportistas galegos que competiron en Xogos Olímpicos, as 2.000 licenzas federativas e os 63 clubs, os 29 deportistas galegos de alto nivel e os 44 deportistas de alto nivel ou os 22 podios internacionais en Campionatos de Europa e do Mundo acadados por regatistas galegos entre 2017 e 2018

Lete Lasa no Congreso da SEEDO
15/03/2019

Ratifica "o compromiso da Xunta na promoción da actividade física e de hábitos de vida saudable para axudar a a evitar as enfermidades non transmisibles fomentando o benestar das galegas e galegos"