Na presentación da Semana Azul organizada por ARIVEN do 30 de maio ao 5 de xuño e que contará con actividades de vela, pádel surf, remo (banco fixo e móbil) e surf
O xogador galego de tenis en cadeira, Martín De la Puente, logrou ser subcampión en dobres, xunto ao arxentino Gustavo Fernández e semifinalista individual do Torneo Internacional Tram Barcelona Open.
Lembra os cinco centros BTT de Turismo de Galicia, así como os pump track indoor instalados pola Secretaría Xeral para o Deporte no Complexo Deportivo de Monterrei en 2021 e nas dependencias do Club Ciclista Maceda en 2016
A pesar de “ter botado de menos ao CSD durante a pandemia” Galicia conseguiu grazas aos seus propios esforzos que, a peche de 2021, houbera 230.701 licenzas sendo a quinta comunidade en número de licenzas e en número de clubs
Alfonso Posada recibiu da man do presidente da Xunta de Galicia a distinción ao mérito deportivo de Galicia que recoñece ás persoas e institucións que destacan pola súa labor a favor da promoción e o fomento do deporte e a educación física na comunidade autónoma galega
O secretario xeral para o Deporte destaca tanto “a beleza como a dureza” da última proba da Copa de España que subirá montes como o Galiñeiro, a Grova ou o Aloia e que será a proba con maior distancia (190 quilómetros) e con maior desnivel acumulado (4.200 metros) do calendario nacional
Dirixido principalmente ás persoas maiores de 60 anos, o programa pretende mellorar a calidade de vida e afondar na prevención da fraxilidade destas persoas a través do exercicio
Celia Cerviño sumou a semana pasada un novo título de dobres ao seu palmarés. Conseguiu ser subcampioa de dobres do Torneo Internacional Pola Giverola, W25+H Tossa de Mar.