A obra principal terá un orzamento base de 1,6 millóns de euros aos que hai que sumarlles os máis de 250.000 euros para trámites de cesión e urbanización e mais outros 700.000 euros para a renovación do terreo de xogo.
O sumatorio de actuacións levadas a cabo pola Xunta no Couto desde 2011 acada xa máis de 3 millóns de euros (3.117.351,59 euros).
Lete Lasa reuniuse tamén cos principais clubs e federacións da cidade para informarlles do destino dos 5,7 millóns de euros obtidos dos Fondos de Consenso, nomeadamente a nova liña de axudas para a reactivación do deporte galego, orzamentada con 4 millóns de euros.