Próximas convocatorias

  • 14/08/2023
    Prazo: 
    desde 24/08/2023 ata 15/10/2023

    RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2023 pola que se publica a relación definitiva das solicitudes beneficiarias, as desestimadas e as inadmitidas, ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

    ORDE do 8 de agosto de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido na base 25ª do anexo I da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/23 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

  • 13/09/2023
    Prazo: 
    desde 11/08/2023 ata 30/11/2023

    RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2023 pola que se modifica a resolución do 2 de agosto de 2023 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a resolución das solicitudes de subvención da Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).

  • 02/08/2023
    Prazo: 
    desde 11/08/2023 ata 30/11/2023

    RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023 pola que se publica a resolución das solicitudes de subvención da Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).