Nova
21/02/2020
Institucionais

Lete Lasa asegura que as dúas medallas de bronce acadadas por Sara Viéitez no Europeo de Roma apuntalan á Loita Galega como referente internacional

O secretario xeral para o Deporte destacou “que todo o traballo levado a cabo polo tecido deportivo da loita recolle os seus froitos con estas dúas medallas, sendo a primeira vez que unha loitadora galega acada unha presea continental“ e augura “innumerables triunfos nas diferentes categorías nas vindeiras competicións”

Vigo, 20 de febreiro de 2020-. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, recibiu a Sara Vieitez, loitadora viguesa do Club Independiente de Vigo que acadou duas medallas de bronce nos Campionatos de Europa de Grappling e Grappling-Gi, na categoría de -53kg, celebrados do 16 ó 18 de Febreiro en Roma (Italia).
Por primeira vez na historia da Federación Galega de Loita e D.A. unha deportista acadou unha medalla Europea. A Viguesa, Sara Vieitez, acadou o luns 17 a medalla de bronce en Loita Grappling o vencer en primeira rolda a Horbushko (UKR) por 9-0, caeu en segunda rolda contra a Española, Naiomi Matthews por 2-10 e venceu o bronce contra Voros (HUN) por 7-0, para acadar a medalla de bronce en -53kg.
Na competición de Grappling-Gi (con Kimono), o martes 18 de Febreiro gañou en primeira rolda a Skrypnyk (UKR) por superioridade técnica, en segunda rolda caeu ante Tonelli (ITA), por 5-14, para loitar o bronce contra Voros (HUN) e gañar 8-5.
Neste Campionato de Europa, tamén participaron Lydia Pérez e José Cuba nas modalidades de Loita Libre Olímpica feminina -62 kgr. e masculina -125 kgr., acadando a 7ª e 18º posición, respectivamente.
Cabe salientar o importante traballo que tanto a Federación Galega de Loita e D.A. como os diferentes clubs galegos, técnicos, xuíces-arbitros e deportistas están desenvolvendo en favor deste deporte. Máis de 1.700 deportistas con licenza federativa galega, máis de 350 nenos e nenas de 6-16 anos no programa XOGADE, 14 deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, unido á organización na nosa Comunidade Autónoma dun innumerable número de competicións, como foi o Campionato de Europa Junior de Loitas Olímpicas, celebrado en Pontevedra o ano pasado.