O Golf Ría de Vigo foi o anfitrión este ano do Campionato de Galicia Individual Masculino Absoluto e 2ª Categoría celebrado do 26 ao 28 de abril e no que venceu por cuarta vez o xogador do R.C.G. A Coruña, Andrés Freire Segrelles.
Faino durante as ‘Xornadas sobre concienciación da carreira dual no deporte de alto nivel’ impartidas por persoal do Programa de Atención ao Deportista de Alto Nivel (PROAD) co que a Secretaría Xeral para o Deporte colaborará a partir deste ano para facilitar o proceso de transición profesional dos deportistas ao finalizar a súa actividade deportiva
Na xuntanza tamén se presentou a nova plataforma dixital da CRTVG que permite a gravación, produción, distribución e visualización multi-cámara de calquera acontecemento deportivo de deporte base, deporte feminino e deporte alternativo
Destaca que na última resolución de recoñecemento dos deportistas galegos e galegas de alto nivel a Fundación Deporte Galego vén de recoñecer a un total de 10 deportistas con discapacidade, o máximo histórico desde que se recoñecen aos DGAN, en 2004
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inaugurou o curso salientando os avances acadados na loita contra a obesidade e lembrando que “aínda queda moito traballo por facer para erradicar un problema global que precisa da resposta de todos”