Federativas

10/01/2017

A delegación galega de baloncesto acadou un quinto posto no grupo especial da categoría infantil feminina, un sexto posto no grupo especial da categoría infantil masculina, un sétimo posto no grupo especial da categoría cadete feminina e un quinto posto no grupo preferente da categoría cadete masculina

10/01/2017

A secretaria xeral para o Deporte desprazouse ata a Delegación da Xunta na cidade olívica onde mantivo un encontro de traballo co delegado territorial, Ignacio López Chaves, sobre a situación do deporte na área de Vigo

14/01/2017

Aposta por unha liña de colaboración e coordinación entre todos os actores do tecido deportivo galego para que sigan mellorando os números que demostran o “crecemento e proxección” do piragüismo

18/01/2017

Destacou o fomento da actividade do surf en Galicia a través do apoio a eventos como o Pantín Classic que “desde 2010 recibiu do Goberno galego máis de 400.000 euros” ou o “apoio constante á Federación Galega de surf a través dos convenios de subvencións anuais”

19/01/2017

A Escola Galega de Administración Pública iniciou hoxe o curso A xestión de instalacións deportivas: situación e retos, que se impartirá mediante videoconferencia de xeito simultáneo en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo

20/01/2017

Para a realización destas actuacións, a Xunta de Galicia achegou un total de 20.000 euros, sendo o importe total das actuacións de 31.162,07 euros dos que o Concello de Meaño aportou os 11.162,07 euros restantes

21/01/2017

Avoga por “continuar apostando por esta actividade ano tras ano como fai a Secretaría Xeral para o Deporte que no exercicio de 2016 subvencionou a Federación con preto de 60.000 euros