Fai alusión ás 2.189 licencias federativas que supoñen “o maior número de licencias da serie histórica desde 2009 e que representa un aumento do 40% desde aquel ano”
O prazo de subsanación de erros ou deficiencias remata o vindeiro mércores 21 de decembro ás 14:00 horas. A documentación a subsanar deberá presentarse no rexistro da Fundación Deporte Galego
Despois de anos de ausencia o ciclocross regresou a Pontevedra pola porta grande. O Hipódromo de Campañó acolleu a novena xornada da Copa Galicia, que contou con 259 participantes e na que os dous corredores elite e sub23 máis en forma a nivel autonómico confirmaron o seu doce momento.
Solicita aos deportistas da provincia, e por extensión a todos os atletas de Galicia, non cesar “no empeño por ser cada día mellores, porque así estaredes contribuíndo a facer de Galicia un lugar mellor”
Os galegos Uxío Abuín e Antón Ruanova –que agora compite por Brasil- disputarán esta fin de semana a Copa África de Dakhla (Marrocos), na que será a última proba do ano 2016.
Cristóbal Rodríguez Fidalgo proclamouse hoxe en Barcelona subcampión de España de Péntatlon Moderno, nunha proba que foi dominando ata case os últimos 300 metros da combinada.
Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo) continúa imparable. Este sábado sumou na Copa de África de Dakhla a cuarta vitoria consecutiva. E iso que entre a terceira e a cuarta tivo unhas semanas de vacacións e unha curta preparación.
Os dous corredores con mellor golpe de pedal a día de hoxe no ciclocross galego dominaron as carreiras Elite e Sub23 do Trofeo Horacio Barros. Isabel Castro e Samuel González prolongaron as súas xeiras de vitorias na décima e penúltima cita puntuable da Copa Galicia disputada no Porriño.