Entre os novos 66 nomeamentos como deportistas galegos de alto nivel destacan a atleta Xela Martínez, o triatleta Antonio Serrat, a judoka Laura Vázquez ou o regatista Martín Wizner
Participa na entrega de premios do Zonal de Campo a Través do Val do Salnés no que participaron preto de 15.000 rapaces e rapazas de 16 centros educativos
Martín de la Puente revalida por sexta vez o título de Campión do Campionato de España de tenis en cadeira tras derrotar na final a Enrique Sicar por un rotundo 6-1 6-1, no seu paso polo campionato venceu en semifinais a Dominik Bukala por 6-1 6-1 e en cuartos ante o seu compañeiro de dobres Francisco García Vena 6-0 6-0.
Jessica Bouzas formará equipo con Rafa Nadal, Paula Badosa, Pablo Carreño, Albert Ramos, David Vega e Nuria Párrizas na United Cup que se celebrará en Sidney, do 29 de decembro ao 8 de xaneiro.
Emma Baliña está nas instalacións do Car de Sant – Barcelona do 12 ao 16 de decembro, na concentración organizada pola RFET que reúne ás 8 mellores xogadoras españolas nacidas no 2009.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de federacións, clubs e sociedades deportivas beneficiarias da segunda convocatoria destas subvencións con 714 solicitudes admitidas que percibirán case 4M€