Institucionais

20/04/2022

O secretario xeral para o Deporte destacou que todos os nenos e nenas desfrutarán da "grande festa do fútbol base europeo" tras dous anos de parón obrigado pola pandemia na que os rapaces deron unha lección de comportamento

13/04/2022

O secretario xeral destaca a campaña do Asmubal en Meaño, que xogará a fase de ascenso á Prata Feminina, e as 1.319 licenzas deportivas coas que conta  o Concello de Sanxenxo

 

11/04/2022

O CCD conta con 246 licenzas e en 2019 foi declarado como entidade de utilidade pública. No ano 2021 recibiu unha axuda de máis de 11.500 euros da Secretaría Xeral. O Club de Pirgaüismo conta cun centenar de licenzas e recibiu máis de 16.500 euros en 2021

 

07/04/2022

O secretario xeral para o Deporte despediu na Cidade da Cultura de Galicia ás seleccións infantil, cadete e xuvenil que competirán do 9 ao 14 de abril no Campionato de España de Seleccións Autonómicas CESA 2022

07/04/2022

O secretario xeral destaca que o deporte galego recupera a normalidade con carreiras como a Vig-Bay e que o atletismo galego, vive un dos seus momentos dourados coa “primeira medalla olímpica, os cen anos da federación ou o segundo campionato absoluto celebrado en Expourense, que respalda a política da Xunta da compatibilidade de usos nos recintos feirais”

30/03/2022

O secretario xeral para o Deporte e a directiva da UFEDEGA continuaon traballando nas posibilidades de explotación dos dereitos audiovisuais das competicións dos deportes de equipo, un traballo no que tamén están a AMTEGA e o IGAPE

29/03/2022

Entre as cartas de apoio presentadas destacan as da International Canoe Federation, o Consejo Superior de Deportes, a Delegación do Goberno en Galicia, as tres universidades galegas, as catro deputacións provinciais, o Clúster do Deporte e ás súas empresas asociadas, a AGAXEDE, a FEGAMP, oito federacións deportivas nacionais, 56 federacións deportivas galegas, seis agrupacións deportivas, 48 concellos galegos, 28 clubs deportivos e 11 medios de comunicación

27/03/2022

Cholo Dapena recibiu en 2013 nun acto celebrado en Ourense da man do presidente da Xunta de Galicia a distinción ao mérito deportivo de Galicia