Institucionais

01/03/2022

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asinaron un acordo co que a Xunta destinará 3,5M€ do Plan Corresponsables a programas socio-deportivos para rapazas e rapaces

25/02/2022

Lete Lasa apuntou cara unha recuperación similar nos datos das licenzas deportivas que comezan a achegarse aos 275.000 federados de 2019 e salientou algúns exemplos como fútbol ou baloncesto que xa contan con máis fichas que antes da pandemia

23/02/2022

O secretario xeral para o Deporte e o delegado da Xunta en Lugo supervisaron o material recibido por seis clubs lucenses: bicicletas, rolos, bacas, caixas de primeiros auxilios, embarcacións, pas, chalecos, remolques e dúas furgonetas

23/02/2022

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, salienta a necesidade desta intervención que repercutirá na imaxe e na funcionalidade do municipio que recibe cada ano a milleiros de peregrinos cara Santiago de Compostela

22/02/2022

Contará con catro regatas -6 de marzo, 3 de abril, 1 de maio e 12 de xullo- e terá como prioridade os botes curtos e as categorías inferiores para acadar unha maior participación e propiciar a captación de novos talentos

15/02/2022

Serán os quintos campionatos nacionais que acolle a “mellor pista cuberta de España” tras o sub 20 de 2018, o máster de 2019, o absoluto de 2020 e o máster de 2022

12/02/2022

O Club Hípico JC no Concello de Mos, o CH Alazán en San Cosme (Vigo), o CH Equialia en Tui, o CH Cemar en Mondariz, a Escola de Equitación La Muralla en Redondela e o Club Centro ecuestre Atlántico en Santana (Pontecaldelas), son as seis sedes da Liga