O secretario xeral para o Deporte mantivo unha xuntanza co copiloto de coches e co piloto de motos lucenses e asegurou que “o feito de que ambos os dous chegaran á meta demostra a gran calidade do motor en Galicia”
Destaca a importancia do club do que cada ano saen grandes piragüistas como Luis Fernández (subcampión mundial en 2019) e ratifica o apoio da Xunta ao club como vén facendo desde 2009, un período no que recibiu preto de 55.000 euros en diversas liñas de axuda
Lete Lasa lembrou como, hai dúas semanas, certificábase outro acordo para levar a cabo unha canle de augas bravas no río Xallas tras unha xuntanza con representantes do Concello de Dumbría e do Club de Piragüismo Dumbría
Lete Lasa destaca que os catro soportes de 18 metros de altura e instalación de proxectores con tecnoloxía LED plenamente operativos “mellorarán notablemente a práctica do fútbol no estadio municipal no que disputa os seus partidos a Escola de Fútbol Base Terra de Montes que conta con máis dun medio centenar de licenzas base e femininas”
O vídeo marcador para o pavillón municipal contou cun orzamento duns 26.000 euros e o equipamento para o Centro ‘Quique Míguez’, outros 26.000. Ambas actuacións foron cofinanciadas entre Xunta (ao redor do 80%) e concello (o restante 20%)
En Mos levouse a cabo unha pista polideportiva e adquiriuse equipamento para os ximnasios dos Campos de Fútbol das Baloutas e Coto Torrón e do pavillón Óscar Pereiro, mentres que en Porriño e Salceda instaláronse senllos vídeo marcadores
Asegura que, eventos desta índole, contribúen ao incremento das licenzas galegas de voleibol que, desde 2009 medraron un 51% ata acadar preto de 3.500 e as femininas, que representan o 71% do total, subiron aínda máis, un 59% ata preto de 2.500
Lete Lasa reitera o seu compromiso e expresa a súa satisfacción por poder dar continuidade ao traballo iniciado na tempada 2014-2015 cun achegamento previo para coñecer a realidade do terreo onde se prevé instalar a canle
O proxecto de reforma e ampliación do estadio do Couto terá un orzamento de 2 millóns de euros e estará rematado en 2023, data na que tamén se renovará o terreo de xogo con outra achega de 700.000 euros