Convocatorias

  • 05/01/2022
    Prazo: 
    desde 06/01/2022 ata 07/02/2022

    RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).

  • 05/01/2022
    Prazo: 
    desde 06/01/2022 ata 07/02/2022

    RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR945C).

  • 17/12/2021

    Publícase a resolución definitiva do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2021/2022 - 1ª Fase.

  • 15/12/2021

    RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2021, pola que amplía o prazo de xustificación previsto na Resolución do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

  • 09/12/2021

    Publícase a listaxe provisional do PR961A-AXUDAS DGAN 2021, con solicitudes admitidas, con documentación incompleta e que non cumpren co apartado 3. Persoas beneficiarias.

  • 03/12/2021

    RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 14 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento DE402A).

     

    RESOLUCIÓN pola que se amplía o prazo de xustificación ata o 27.12.2021.

     

  • 24/11/2021

    CORRECCIÓN DE ERROS. RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a relación definitiva das entidades desestimadas e inadmitidas e a relación das entidades admitidas e baremadas, presentadas ao abeiro da Resolución do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

  • 19/11/2021

    RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a relación definitiva das entidades desestimadas e inadmitidas e a relación das entidades admitidas e baremadas, presentadas ao abeiro da Resolución do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

  • 11/11/2021

    A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia o anuncio dunha nova convocatoria das Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel, neste caso as do ano 2021. Desde a creación destas axudas no ano 2005, o importe total das mesmas ascende a máis de 5,8 millóns de euros e beneficiando a cerca de 850 deportistas. Con esta nova convocatoria para 2021, que acada os 200.000 euros de orzamento e chegará a unhas dúas centenas de deportistas, as Axudas DGAN outorgadas pola Xunta sumarán 6 millóns de euros e ao redor dun milleiro de deportistas beneficiados ao longo da historia.

  • 09/11/2021

    RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2021, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 14  de setembro de 2021 da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento DE402A).