RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 22 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR949A)
A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de facer pública a resolución das axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2018, baixo a denominación ‘AXUDAS DGAN 2018’ e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos deportistas galegos e galegas de alto nivel.
A Fundación Deporte Galego vén de publicar hoxe 27 de novembro no Listado provisional de solicitudes admitidas, con documentación incompleta, fora de prazo e que non cumpren, da Convocatoria de Axudas a Deportistas de Alto Nivel 'Axudas DGAN 2018', que tamén se xunta neste correo.
No caso das solicitudes pendentes de documentación, terán ata o mércores 12 de decembro para poder presentar os documentos requiridos accedendo á Carpeta do Cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (presentación telemática) ou no Rexistro da Fundación Deporte Galego ou mediante correo certificado, nos termos previstos no Real Decreto 1829/1999, de 3 de decembro, que aproba o Regulamento de servizos postais (presentación presencial).