Tanto a Secretaría Xeral para o Deporte como Galicia Calidade tamén patrocinarán a participación do monfortino Eduardo Iglesias no Rally Dakar 2021, neste caso na categoría de motos
Lete Lasa destaca como a auga “vai no código xenético dos galegos e o deporte galego bebe desta tradición, polo que contamos coas mellores instalacións e os mellores deportistas”
Nesta mesma semana, o secretario xeral para o Deporte anunciaba que a Secretaría Xeral xa está traballando coa Consellería de Sanidade e coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social para levar a cabo o programa de prescrición de exercicio para persoas maiores de 60 anos
O obxectivo prioritario da Xunta, a Fundación Deporte Galego, Galicia Saudable e DAFIS é “mellorar a saúde e a calidade de vida de todos os segmentos de idade da nosa poboación”
A resolución conta con seis tipos de axudas -Axuda DGAN 1 (8.000 euros), Axuda DGAN 2 (6.000 euros), Axuda DGAN 3 (4.000 euros), Axuda DGAN 4 (1.500 euros), Axuda DGAN 5 (800 euros) e Axuda DGAN 6 (350-1.000 euros)- máis as recentemente creadas Axudas DGAN D.A. sendo a primeira vez que se outorga este tipo de axudas a deportistas de apoio ou guía
Segundo Lete Lasa, esta iniciativa supón “un novo paso na loita contra o Covid-19 que volve poñer de manifesto a intelixencia e a capacidade de actuación do noso tecido deportivo diante das complicacións propias de reactivar a competición no medio dunha pandemia”
O secretario xeral para o Deporte refírese á “capacidade de adaptación dos galegos para poder salvagardar o noso deporte -que potencia a nosa saúde- e o noso turismo -que potencia a nosa economía- en tempos de pandemia”
A Secretaría Xeral para o Deporte traballa en convenios de colaboración para a implantación de DAFIS noutras comunidades así como proxectos de colaboración para a posta en marcha de prescrición de exercicio e avaliación da condición física en poboacións con patoloxías ou a apertura de novos grupos de idade para prescribir actividade física tamén nos maiores de 60 anos