Institucionais

Marta Míguez na clausura da LGT
26/08/2018

Enumera algúns feitos que fixeron especial esta edición de 2018 como o aumento do importe do convenio coa Secretaría Xeral, o récord de participación, a estrea da nova directiva da Asociación da Liga Noroeste, as retransmisións das regatas en directo por redes sociais e porque por primeira vez a Liga Galega de Traiñeiras conclúe no Porto de Ares

Visita da secretaria xeral ás pistas de atletismo de Cangas
14/08/2018

O importe total das actuacións ascendía aos 129.990,15 euros dos que a Xunta de Galicia achegou 50.000 euros e o Concello de Cangas os restantes 79.990.15 euros

Presentación da XI Regata Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época
09/08/2018

A titular do Deporte galego gaba a regata que “conta xa con 11 anos de historia e que é por méritos propios a regata máis importante deste tipo da zona atlántica e cantábrica”

A secretaria xeral na súa visita ás instalacións do Marisquiño
08/08/2018

O´Marisquiño contará con 1.400 deportistas chegados de todo o mundo entre os que estarán algúns e algunhas dos seus mellores representantes

Presentación do Plan de Patrocinio de Equipos de Alta Competición da Fundación Deporte Galego
26/07/2018

O Plan beneficia a 171 equipos galegos (92 masculinos, 72 femininos e 7 mixtos) de 21 modalidades deportivas diferentes cun orzamento de 2.420.000 euros, dos que a Xunta achega 1.694.000 euros e Abanca 726.000 euros

A secretaria xeral xunto ao ministro José Guirao
23/07/2018

A máxima responsable do deporte a nivel autonómico valorou este encontro como unha “magnífica oportunidade para mellorar a xestión e a coordinación deportiva tanto a nivel autonómico como nacional a través do consenso de todos os actores”

23/07/2018

Ademais, hoxe mesmo, o Diario Oficial de Galicia publica unha nova resolución pola que se recoñecen a 47 novos deportistas de alto nivel (20 mulleres e 27 homes) chegando aos 409 o número total de deportistas galegos e galegas de alto nivel (154 mulleres e 255 homes), dos que 6 son deportistas con discapacidade

18/07/2018

Lembra que os deportistas son “a absoluta preferencia das políticas da Secretaría Xeral” e anima a López Marra a continuar “con esa motivación coa que afrontas o día a día para conseguir eses micro obxectivos que constrúen a túa meta final”