Durante a xornada, Marta Míguez puido comprobar o resultado das actuacións levadas a cabo nas pistas de pádel de Foz e Barreiros así como no complexo deportivo municipal de Mondoñedo
A secretaria xeral para o Deporte sinalou que estas visitas enmárcanse nunha primeira toma de contacto cos responsables e usuarios das infraestruturas deportivas “para coñecelos, escoitalos e ver onde e como podemos axudar no que sexa posible”
O 13 de decembro celebrouse outro zonal de campo a través en Pontevedra onde participaron os nenos e nenas dos centros educativos da comarca de Pontevedra representando a un total de 1.100 alumnos
Marta Míguez salienta que “estas xornadas son a mostra da consolidación da colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a AGASP” e que permitirán que “Galicia siga sendo un referente neste ámbito para o resto de comunidades contribuíndo á maior seguridade para deportistas e público asistente”
A secretaria xeral da Igualdade, acompañada do delegado da Xunta en Lugo, e da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou nas charlas divulgativas que a futbolista galega ofreceu en Lugo e Chantada
Marta Míguez asegura que esta infraestrutura, nada en 1987, é “un moderno complexo deportivo no que se formaron os mellores deportistas da nosa Comunidade e, na actualidade, dá cabida ós principais deportistas e promesas do deporte galego”
Marta Míguez adquiriu o compromiso de acadar un efecto multiplicador da actividade física en Galicia, “queremos que cada vez máis persoas enchan os pavillóns para facer exercicio”, asegura
Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo) continúa imparable. Este sábado sumou na Copa de África de Dakhla a cuarta vitoria consecutiva. E iso que entre a terceira e a cuarta tivo unhas semanas de vacacións e unha curta preparación.