Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia
O Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia ten por finalidade a inscrición das entidades deportivas reguladas na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, así como de actos e datos relativos a estas, nos termos establecidos na lei.
Estas son as ligazóns aos trámites no devandito rexistro na sede electrónica da Xunta de Galicia:
- Inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. Paso previo á inscrición
- Inscrición de club deportivo
- Inscrición de agrupación deportiva escolar
- Inscrición de sección deportiva
- Inscrición de federación deportiva
- Inscrición de entidade mercantil
- Inscrición da modificación de estatutos
- Inscrición da modificación da xunta directiva ou órgano de xestión
- Inscrición de cambio de domicilio social (se non implica modificación dos estatutos)
- Inscrición de disolución ou extinción
- Inscrición de protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes (NNA) fronte á violencia no deporte
- Inscrición de regulamentos e código de bo goberno (só federacións)
- Inscrición de modificación de regulamentos e código de bo goberno (só federacións)
- Presentación de contas e/ou orzamentos (só obrigatorio para federacións)
- Solicitudes de certificación ou información rexistral