O Programa Tenis na Escola é un programa de promoción que busca achegar o tenis aos centros escolares de Galicia. A través deste programa queremos solucionar un dos principais inconvenientes cos que os centros escolares atópanse para poder impartir unha unidade didáctica dedicada ao tenis, que é a falta de material específico de tenis.
A Federación Galega de Tenis pon en marcha, un ano máis, o programa de tecnificación provincial onde se ofertan bolsas de adestramentos a xogadores e xogadoras que queren progresar no tenis. O ano pasado foron 150 nenos e nenas os que se viron beneficiados deste programa.
O secretario xeral para o Deporte e a delegada territorial da Xunta en Ourense participaron na actividade deportiva organizada a través do ximnasio BeOne na Praza Maior de Ourense na que participaron uns 500 alumnos do CPR Luis Vives
No primeiro caso, as concesións suman un total de 600.665,67 euros -80% do solicitado- e sendo beneficiarias un total de trece federacións deportivas e 28 clubs deportivos
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destaca a “especial presenza” do deporte en España e en Galicia e lembra como a Xunta “contempla expresamente o fomento da práctica deportiva” na Estratexia de Turismo 2020
Nesta edición mantense a gratuidade do seguro de accidentes deportivos para os nenos e nenas de entre 6 e 16 anos que será sufragado directamente pola Secretaría Xeral para o Deporte cunha achega de 2 millóns de euros